Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., sita na praza da Soledad 11, de Lugo.

Visto o expediente instruído por instancia de Blanca Garrido de la Cierva, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Marsáns S.A., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Lugo, na praza da Soledad, 11, da axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo CIC MA 18, que ten a súa casa central en Madrid, na Avda. de Burgos, 16-D.

Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Marsáns, S.A., sita en Madrid na Avda. de Burgos, 16-D, da que é titular a entidade mercantil Viajes Marsáns, S.A., a apertura dun novo establecemento en Lugo, na praza da Soledad, 11, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9474