Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.041

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Tablicia, S.A.

Visto o texto do acordo de revisión do convenio colectivo para a empresa Tablicia, S.A. (código 2700492), da provincia de Lugo, asinado o día 22 de setembro de 1997, pola representación da citada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de outubro de l997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Acta de redacción e sinatura dos acordos

1. Artigo 22º.-Retribucións.

Acórdase para o ano 1997 (segundo ano de vixencia do convenio) unha suba salarial do 2,75% respecto ós do ano 1996 (primeiro ano de vixencia do convenio), quedando as táboas salariais de acordo co anexo I.

Por outra bamda, páctase incrementa-lo plus extrasalarial por indemnizacións e suplidos nun 20% pasando así de 5.300 pesetas a 6.360 pesetas.

Con respecto ó plus de quendas, prodúcese un incremento na prima única mensual, pasando esta de 7.305 a 7.543 pesetas.

2. Artigo 21º.-Horas extraordinarias.

Para o pagamento efectivo delas, observaranse os valores vixentes na data de hoxe, incrementados nun 2,75%.

3. Artigo 19º.1.-Bolsa de Reis.

A paga que, con motivo da festividade dos Reis Magos, se aboaba nunha porcentaxe do 35% dunha paga extra normal (xullo e decembro) aboarase de igual xeito pero cunha porcentaxe do 40%.

-Representación empresarial:

Ernesto Jarabo Estéban. DNI 452.502.

Narciso Fernández Iturrospe. DNI 33.844.137.

José Fernández Pardo. DNI 33.579.421.

Rafael Serrano Díaz. DNI 4.920.241.

Miguel Fernández Montes. DNI 10.973.298.

-Comité de empresa:

José Luis Yáñez Rodríguez. DNI 33.840.818.

J. Manuel Quiroga Rubianes. DNI 33.846.132.

José Real Mera. DNI 33.804.777.

Manuel Blanco López. DNI 76.558.064.

Jesús Ferreiro Rubinos. DNI 33.885.461.

Nadela (Lugo), 22 de setembro de 1997.

ANEXO I

Táboa salarial 1997

CategoríasSalario base

día

Anual

Encargado xeral 3.6091.641.875
Encargado de sección 3.5311.606.466
Xefe de equipo 3.4021.547.776
Oficial de 1ª 3.4021.547.776
Oficial de 2ª 3.2751.490.056
Axudante 3.1601.437.671
Peón especializado 3.1011.410.994
Peón 3.0871.404.688
Aprendices 2.2121.006.467

-Persoal subalterno:

CategoríasSalario base

día

Anual

Pesador-basculeiro 94.7421.421.137
Almaceneiro 98.1241.471.859
Chofer turismo 98.1241.471.859
Garda 98.1241.471.859
Chofer mecánico102.1351.532.031

-Persoal administrativo:
Auxiliar mecanógrafa, Tel. 94.7421.421.137
Oficial de 2ª108.2331.623.496
Oficial de 1ª118.3471.775.198
Xefe administrativo130.4911.957.361

-Persoal técnico:
Analista, calcador 94.7421.421.137
Xefe de taller107.2211.608.321
Delineante108.0491.620.730
Xefe de talleres118.3471.775.198
Titulado grao medio120.3701.805.548
Titulado grao superior156.1392.342.092

9213