Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

RESOLUCIÓN pola que se anuncia convocatoria de prazas de oferta de emprego de 1997.

No BOP da Coruña, número 272, con data do 26 de novembro de 1997, publicáronse as bases íntegras das probas convocadas para cubrir, polo procedemento de concurso-oposición libre, as seguintes vacantes no cadro de persoal en réxime laboral:

-Unha praza de asistente social.

-Unha praza de persoal de oficios varios.

-Unha praza de conductor-operario de maquinaria e servicios.

As bases foron aprobadas polo Pleno da Corporación en sesión con data do 29 de setembro do ano que corre.

A resolución aprobatoria da lista de aspirantes admitidos e excluídos publicarase no BOP da Coruña, así como a data, hora e lugar para a reunión do tribunal e o inicio das probas selectivas.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Previndo que os sucesivos anuncios se publicarán no taboleiro de edictos da Casa do Concello e BOP da Coruña.

O que se fai público en virtude do disposto no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administrción local de Galicia.

Vedra, 1 de decembro de 1997.

Odón C. Cobas García

Alcalde

9817