Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o 14 de novembro de 1997, aprobou os seguintes expedientes:

-Expediente expropiatorio, por taxación conxunta, do terreo de 4.883,45 m para equipamento comunitario e espacios públicos denominado R.E.-16 e V-42 do Pazo de Ibarrola en Montrove-Liáns (Oleiros).

-Expediente de ocupación directa dos terreos denominados D-15 de 11.403 m que o Plan Xeral Municipal de Ordenación de Oleiros reserva para centro de educación secundaria, con cargo ós excesos de aproveitamento do desenvolvemento do solo urbanizable programado SUP-4R (Oleiros).

-Expediente expropiatorio, por taxación conxunta, do terreo de 726 m e varias construccións que se sinalan no correspondente proxecto, para equipamento comunitario e espacios públicos co fin da execución do proxecto denominado recuperación ambiental do contorno da praia de Bastiagueiro.

De conformidade co artigo 219.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, os ditos expedientes estarán expostos ó público na Secretaría Xeral do Concello, de 9 a 13 horas, polo prazo dun mes, para efectos de presentación das observacións e reclamacións que se consideren oportunas.

Oleiros, dezanove de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

9827