Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.992

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 1997 pola que se anuncia concurso público, con procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes 446/1997 e tres máis.

Obras:

Expediente nº: 446/97.

Obxecto: acondicionamento do xardín do Pazo de Fonseca para aparcamento.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 15.530.261 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 310.605 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Expediente nº: 447/97.

Obxecto: instalación de ventilación na aula de anatomía. F. Medicina-Odontoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 7.827.762 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 156.555 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

Expediente nº: 448/97.

Obxecto: arranxo de cubertas (fase II) e varios. F. Ciencias Políticas e Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 11.950.149 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 239.003 ptas.

Prazo de execución: 1,5 meses.

Suministracións:

Expediente nº: 052/97.

Obxecto: instalación e cableado da Escola Politécnica Superior. Campus de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 6.680.477 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 133.610 ptas.

Prazo de execución: 1 mes.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela.

d) Prazos de entrega/execución: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación:

Importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías:

Provisionais: as arriba indicadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación:

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, galerías, Santiago de Compostela, (teléfono (981) 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, pavillón de aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono (982) 25 23 03, ext. 22475).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 57 25 00.

e) Telefax: 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

a) Clasificación: se fose necesaria, a especificada para cada expediente.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicaicón desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rectorado, rexistro xeral.

b) 2ª Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou en:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

2ª Domicilio: polígono de Fingoi, s/n, pavillón catro do complexo da Facultade de Veterinaria.

3ª Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións; se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1997.

P.D. (R. 14-2-1995)

Manuel Castro Colón

Vicerrector de Asuntos Económicos

9821