Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da subministración de implantes de cadeira non cementados (tramitación anticipada). (C.P. 30/98).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta terceira da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73. Telefax: (981) 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elexida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (Clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de implantes de cadeira non cementados.

Orzamento total: 52.955.000 ptas. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 3 lotes, que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente:

Lote 1, implante cadeira non cementado c/hidroxiapatita: 9.855.000 ptas.

Lote 2, implante cadeira non cementado (vást. recto): 14.000.000 de ptas.

Lote 3, implante cadeira non cementado (vást. anatómico): 29.100.000 ptas.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguintes ó do asinamento do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: servicio de Contratación do hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 31 de decembro de 1997.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 8 de xaneiro de 1998.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa do hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza. Planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería (anexa ó hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84-15006 A Coruña. Ás 10 horas do día 19 de xaneiro de 1997.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver cláusula 7.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: oferta económica: 60%. Calidade dos materiais: 20%. Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 14-10-1997.

17. Data de envío do anuncio: 3 de decembro de 1997.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9472