Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos 506/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se mencionan a continuación as resolucións dos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Nº de expediente: 506/97.

Denunciada: Dolores Cao Servide.

DNI: 33.258.597.

Enderezo: San Pedro de Mezonzo, 46-6º B.

Localidade: Santiago de Compostela.

Establecemento: pub A Gramola.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da Lei 1/1992.

Sanción imposta: 20.000 pesetas.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribucións ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1.d) da LOSC.

A resolución dictouse de acordo cos artigos 137 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e 20 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, e contra ela poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais no prazo dun mes contado a partir da recepción da presente resolución. Advírtese que de non interpoñer o recurso en tempo e forma deberá aboa-la multa nunha entidade bancaria mediante a utilización do impreso que poderá recoller nas dependencias desta delegación provincial, dentro dos quince días seguintes ó da data de remate do prazo para recorrer esta resolución, procedéndose en caso contrario á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22 de maio de 1987.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

Carlos Martull Álvarez de Neyra

Delegado provincial Acctal. da Coruña

9465