Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.981

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de propostas de resolución formuladas nos expedientes sancionadores de epizootias (LU-129/97 e LU-131/97).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido, que con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe, por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula, para examina-lo expediente nesta delegación provincial, formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes ante o instructor do procedemento.

Lugo, 13 de novembro de 1997.

Mauricio Alonso Troncoso

Instructor

ANEXO

Expediente: LU-129/97.

Denunciado: Juan Carlos Rodríguez González. DNI, 33.333.534.

Último enderezo coñecido: r/ Lamas de Prado, 202-1º, Lugo.

Feito denunciado: encontrarse o día 10 de maio de 1997 no recinto feiral do Páramo e dedicarse á compra-venda de gando, e te-lo carné de tratante sen referendar.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias e 7 da Orde do 28 de marzo de 1972.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 10.000.

Expediente: LU-131/97.

Denunciado: Antonio Abuín Sánchez. DNI, 33.757.477.

Último enderezo coñecido: r/ San Pedro, 35-1º, Lugo.

Feito denunciado: encontrarse o día 13 de maio de 1997 no mercado gandeiro de Adai con dúas cabezas de gando bovino sen identificar.

Precepto infrinxido: artigos 1, 5 e 6 do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro, 7 do Decreto 355/1994 e 26.1º da Orde do 23 de agosto de 1995.

Precepto sancionador: artigo 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción proposta: 8.000.

9434