Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador P-113/97 e seis máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación do expediente sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial en Galicia.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mª Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, podendo recúsalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mencionadalei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 5 de novembro de 1997.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-113/97José García Carrera

Viso, nº 11-Xinzo

Ponteareas

Pescar lamprea á man auxiliado de luz artificial en horas non autorizadas, sendo sorprendido metendo varias veces na auga a súa man, na que levaba un calcetín a modo de guante. Feitos denunciados o día 24 de abril de 1997 no río Tea.Art. 35.19, Art. 34.9 e Art. 34.11 da lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 e Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial600.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día por se-lo denunciado reincidente da Lei 7/1992
P-205/97Mario Estévez Mosquera

Viso de

Calvos-Burreiros

Gondomar

Pescar utilizando artefactos de uso prohibido (fisga de seis puntas) capturara 5 sollas no momento de ser soprendido. Feitos denunciados ó día 16 de xuño de 1997 no río Miñor.Art. 35.5 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.001 ptas. e indemnización de 3.000 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día.
P-245/97Francisco Vilariño

Pacheco

A Insua

Pontecaldelas

Pescar sen permiso nun couto de pesca dándose á fuga ó ser sorprendido polos axentes. Feitos denunciados o día 13 de agosto de 1997 no río Verdugo.Art. 34.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.
P-206/97José A. Rodríguez

Rodríguez

Porta do Sol,

29-Sabarís

Baiona

Pescar con arte prohibida (fisga de 3 dentes) capturando 20 sollas e 2 linguados no momento de ser sorprendido. Feitos denunciados o día 17 de xuño de 1997 no río Miñor.Art. 35.5 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día. Indemnización de 12.000 ptas.
P-216/97Luis A. Míguez Parada

Toural

Vilaboa

Pescar sen licencia. feitos denunciados o día 30 de xuño de 1997 no río VerdugoArt. 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano.
P-219/97Jaime Vázquez García

Avda. Castelao nº 4

Santiago de Compostela

Pescar con cebo de uso non permitido (miñoca) no río salmoneiro, unha troita de tamaño inferior ó permitido, non ter documento acreditativo sendo sorprendido coa cana na man e o cebo dentro da auga negándose a entregarlles ós axentes a cana para o seu comiso. Feitos denunciados o día 28 de xuño de 1997 no río Ulla.Art. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial30.000 ptas.
P-237/97Maneul Serantes

Barreiro

Leiro

Ribadumia

Pescar con artes prohibidas (dúas redes tipo trasmallo), sendo sorprendido cando, xunto con outro, as levantaba. Feitos denunciados o día 24 de xullo de 1997 no río Umia.Art. 35.2 da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial550.000 ptas. e unha inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día.

9359