Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/146-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: r/ Severo Ochoa 2, Polg. A Grela-Bens, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. en r/ Médico Rodríguez, 6.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 105 m, con orixe e final no centro de transformación (C.T.) que se vai instalar en r/ Médico Rodríguez, 6, pasando por C.T. Teresa Herrera. Centro de transformación en r/ Médico Rodríguez, 6, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 4 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9184