Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/115-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica de Moscoso.

Enderezo social: Avda. José Antonio 21, 36830 A Lama.

Denominación: centro de protección e reparto de Racelo.

Situación: A Lama.

Descricións técnicas: centro de protección e reparto composto por un conxunto de celas: unha cela de chegada de liña, tres celas de saída con interruptor automático e corte en SF6, protección contra sobreintensidades, cortocircuítos e posta a terra, e unha cela de saída con seccionador en carga, en Racelo, concello da Lama.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Pontevedra, 24 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9185