Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 24 de novembro de 1997, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican as débedas en período executivo, dictadas polo Servicio de Recadación, relativas ó contribuínte Confecciones Vigo, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as débedas en prazo executivo, relativas ós contribuíntes e conceptos co último domicilio coñecido que se indica, e que foron dictadas polo Servicio de Recadación en aplicación do artigo 103 do Regulamento xeral de recadación, Real decreto 1684, do 20 de decembro (BOE do 3 de xaneiro do 1991), ó ser expedido por órgano competente título executivo que acredita que, a dita débeda non foi satisfeita en período voluntario.

De acordo cos arts. 100 e 106 do citado regulamento xeral, o Servicio de Recadación pon en coñecemento das persoas citadas no anexo, a recarga de constrinximento do 20 por 100 sobre a débeda pendente e dicta providencia para que se proceda executivamente contra o patrimonio do debedor ou das súas garantías, se no prazo de 15 días contados desde o seguinte á publicación desta cédula no DOG, non se ingresa a totalidade da débeda.

Os recursos que se poden interpoñer contra esta providencia son: recurso de reposición no prazo citado, ante o Servicio de Recadación desta delegación territorial de Economía e Facenda, domicilio praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, ou no mesmo prazo, reclamación económico-administrativo ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, r/ Lalín, nº 2, Vigo, sen que se poidan simultanear ambos recursos; aínda que se interpoña recurso, o procedemento de constrinximento só se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación.

A débeda poderá aprazarse ou fraccionarse de conformidade co artigo 48 do Regulamento xeral de recadación. Terase en conta que a débeda, de acordo co artigo 169.2º do regulamento, devenga xuro de demora desde o día seguinte ó seu vencemento en período voluntario ata a data do seu ingreso, e que de acordo cos artigos 153 y 157 do citado regulamento, no caso de producirse custas, a Administración repercutirá o seu importe ó debedor.

Os prazos para efectua-lo ingreso da débeda son os establecidos no artigo 108 do Regulamento xeral de recadación: as notificadas entre o 1 e o 15 de cada mes, ata o día 20 do mes ou inmediato hábil posterior, as notificadas entre o 16 e último de cada mes, ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior.

O aboamento farase na Facenda Pública de Galicia, conta restrinxida da Delegación de Facenda.

Vigo, 24 de novembro de 1997.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ANEXO

Contribuínte: Confecciones Vigo, S.A., NIF A36.612.109.

Enderezo: Camiño Riobo, s/n, Vigo.

Débeda e concepto: 449.270 principal. 89.854 20% recarga de constrinximento. 539.124 total. Exp. 2734.3 transmisións patrimoniais acta A.05.

9734