Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Galicia Travel Internacional, S.L., sita na rúa Real, 133, de Ferrol.

Visto o expediente instruído por instancia de Alejandro Rodal Miniño, na súa calidade de representante da entidade mercantil Viajes Galicia Travel Internacional, S.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, en Ferrol, na rúa Real, 133, da axencia de viaxes Viajes Galicia Travel Internacional, S.L., do grupo maiorista-minorista, co código identificativo XG-91, que ten a súa casa central en Santiago de Compostela, na rúa Praza de Vigo, 2.

Resultando que o interesado, xunto coa solicitude, xuntou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes, concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, a Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Galicia Travel Internacional, S.L., sita en Santiago de Com

postela, na rúa Praza de Vigo, 2, da que é titular a entidade mercantil Viajes Galicia Travel Internacional, S.L., a apertura dun novo establecemento en Ferrol na rúa Real, 133, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

9816