Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 12 de decembro de 1997 Páx. 11.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO de poxa (115/1993).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o nº 115/1993, se segue procedemento executivo outros títulos, por instancia de Banco Gallego, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo, contra Ramón Manuel Sánchez Varela, con DNI/CIF 76.802.357, domiciliado en Ramón Franco, 24 (Arzúa) e María Soledad Mouriño Sexto, con DNI/CIF 07.216.297-R, domiciliada en Ramón Franco, 24 (Arzúa), en reclamación de cantidade, e nos seus autos acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración, os seguintes bens embargados no procedemento e que ó final do presente edicto se detallarán:

Os bens saen a licitación en lotes.

A poxa celebrarase o vindeiro día 12 de xaneiro de 1998, ás once horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa de Lugo, 45-47, Arzúa, baixo as seguintes condicións:

1º. O tipo do remate será o do valor dado ós bens, sen que se admitan ofertas que non cubran as súas terceiras partes da dita suma.

2º. Para tomaren parte na poxa, os licitadores deben consignar previamente polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A.,

oficina nº 1475, nº de conta 1510/000/17), a prol do expediente executivo nº 115/93.

3º. Soamente o executante poderá cederlle o remate a un terceiro.

4º. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado e, xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe descrito no punto nº 2.

5º. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro día 9 de febreiro de 1998 ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 6 de marzo de 1998, tamén ás once horas, e rexerán para esta as mesmas condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e lles sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Arzúa, vintecatro de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

Relacións de bens obxecto de poxa

1. Predio rústico denominado Chouso Sopena, destinado a prado, de medio ferrado, igual a dúas áreas e cincuenta e oito centiáreas. Linda: norte e oeste, con Ramón Blanco Costa; leste, María García Diéguez; e sur, con José Ares Alonso e outros. Valor calculado: 206.400 pesetas.

2. Predio rústico denominado O Coto, destinado a monte, medida dous ferrados, iguais a dez áreas e setenta e tres centiáreas. Linda: norte, herdeiros de José Ares Alonso; sur e leste, Ramón Blanco Costa; e oeste, sen determinar. Valor calculado: 107.300 pesetas.

3. Predio rústico denominado Agro da Pena, destinado a monte, de ferrado e medio, igual a oito áreas e catro centiáreas. Linda: norte: Ramón Blanco Costa; sur, Manuel Mouriño; leste e oeste, estremeiros varios. Valor calculado: 80.400 pesetas.

4. Predio rústico denominado Na Fonte de Abeleira, destinado a monte, dun ferrado, igual a cinco áreas e trinta e seis centiáreas. Linda: norte, camiño público; sur, herdeiros de Jaime Gontán; leste, regueiro de auga; e oeste, Socorro Mouriño. Valor calculado: 58.960 pesetas.

5. Predio rústico denominado de Riva Zarra de Zobre, destinado a labradío, de sete cuartillos, iguais a unha área e cincuenta e sete centiáreas, no lugar de Cortagada, coñecida por Gichola da Vanesa, sen

lindeiros especificados. Valor calculado: 54.950 pesetas.

6. œ parte indivisa do predio rústico denominado Zarra de Pena, destinado a monte, de nove ferrados, sete deles pechados sobre si mesmos e dous quedan fóra por camiño no medio, iguais a corenta e oito áreas e trinta centiáreas. Linda: norte, Ramón Blanco Costa; sur: Amador Rivadulla; leste e oeste, veciños varios. Valor calculado: 241.500 ptas.

9265