Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.936

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/254-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T. Porta do Sol-Atios Praia.

Situación: Valdoviño.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,533 km con orixe no C.T. Atios e final no C.T. proxectado Atios-Praia en conductor R.H.V.-12/20 kV-3(1x150) mm Al. C.T. non prefabricado de 400 kVA 15.000/380-220 voltios en Atios-Praia. R.B.T. aerosubterránea de (0,17+0,215) km con orixe no C.T. de Atios, en conductores R.Z. e R.V.-R.B.T. aero-subterránea de (0,6+0,195) km con orixe no C.T. de Atios-Praia, en conductores R.Z. e R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9079