Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.935

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/252-1).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto de L.M.T., C.T., R.B.T. Sueiro (expediente 172/95).

Situación: Culleredo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 2 kV de 0,72 km con orixe no apoio número 20 da L.M.T. Sigrás-Celas Peiro e final no C.T. Sueiro, en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 100 kVA 15.000/380-220 voltios en Sueiro. R.B.T. aérea de 1,450 km con orixe no C.T. Sueiro, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9078