Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/114-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: variante L.M.T. subt. a 20 kV C.T. kVA Chaínza-estrada Argalo.

Situación: Noia.

Descricións técnicas: variante de liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo, e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 365 m, con orixe no apoio nº 18 da liña que alimenta o centro de transformación (C.T.) Bergondo e final en derivación C.T. Chaínza. Variante mesmas características, de 5 m, desde liña Son-San Bernardo e final no C.T. Chaínza-estrada de Argalo. Centro de transformación en planta baixa edificio vivendas, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, denominado Chaínza. Concello de Noia.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 10 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9091