Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 185/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (BOE do 31 de decembro), e artigos 9 do Decreto 2617/1966, e 10, 16 e 31 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), estes de aplicación transitoria, sométese á información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na Avenida de Arteixo, 171, 15009 A Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidume de paso; e aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV de 12 metros de lonxitude, con conductor LA-56, con orixe na liña M.T. a C.T. Castromil, centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e R.B.T. de 85 metros, conductor R.Z. e apoios de formigón, no lugar de Falgarosa, no termo

municipal de Aranga (expediente 185/1997).

Finalidade: mellora-la seguridade e calidade da subministración de enerxía eléctrica ós usuarios da zona de Falgarosa.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos trinta días seguintes á presente publicación, e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afectan; examina-lo proxecto nesta delegación, Sección 3ª Enerxía, segunda planta, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e formular ante ela mediante escrito alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do citado decreto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 30 de outubro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº: 185/1997Provincia: A Coruña

L.M.T. a C.T. FalgarosaTermo municipal: Aranga

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SuperficieVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

2A LoureiraPradoJosé Yáñez Gómezr/ Alcalde Lens, 14

15010 A Coruña

321

3A LoureiraPradoFrancisco Yáñez MartínezMuniferral-Laxe

15317 Aranga

C.T.6327

9092