Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997 pola que se resolve a integración de centros bibliotecarios na rede de bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do director xeral de Promoción Cultural, en conformidade co establecido no artigo 10 da Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regulan os centros bibliotecarios fixos no referente á creación de bibliotecas municipais en colaboración coa Consellería de Cultura e Comunicación Social e pola que se regula a integración na rede de bibliotecas de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Intégranse na rede de bibliotecas de Galicia os centros bibliotecarios relacionados no anexo, comezando pola Biblioteca Pública Municipal do Concello de Arzúa e rematando pola Biblioteca do Convento dos Padres Dominicos de Padrón.

Segundo.-A resolución favorable de integración estará condicionada ó asinamento dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario

de prestar un servicio público que deberá axustarse ó estipulado na Orde do 21 de novembro de 1995 na que se desenvolve o Decreto 24/1995, do 20 de xaneiro, que regula os centros bibliotecarios fixos, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro.-O prazo de asinamento deste convenio non deberá ser superior ós tres meses. O non asinamento do convenio neste prazo deixará sen efectos a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto.-O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate, da rede de bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro 1997.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Arzúa.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello da Baña.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Boiro.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Cerceda.

-Biblioteca Pública Municipal do Castrillón do Concello da Coruña.

-Biblioteca Pública Municipal Forum Metropolitano do Concello da Coruña.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Neda.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole do Concello de Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado do Concello de Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal de Iñás do Concello de Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal de Dorneda do Concello de Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal Central do Concello de Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro Sta Cruz-Liáns. Oleiros.

-Biblioteca Pública Municipal Castelao do Concello de Rianxo.

-Biblioteca Pública Municipal El viejo Pancho do Concello de Ribadeo.

-Biblioteca Pública Municipal Ramón Suárez Picallo do Concello de Sada.

-Biblioteca Pública Municipal de Mandín-Soñeiro. Concello de Sada.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Cangas.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello da Cañiza.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Meis.

-Biblioteca Pública Municipal de Quintela do Concello de Moaña.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Riotorto.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Antas de Ulla.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Becerreá.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Xove.

-Biblioteca Pública Municipal de Castro Caldelas.

-Biblioteca Pública Municipal do Carballiño.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Maceda.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Oímbra.

-Biblioteca Pública Municipal do Concello de Xunqueira de Ambía.

-Axencia Municipal de Lectura do Concello de Verea.

-Axencia Municipal de Lectura de Anca. Concello de Neda.

-Axencia Municipal de Lectura de Viladonelle. Concello de Neda.

-Axencia Municipal de Lectura de Mondego. Concello de Sada.

-Axencia Municipal de Lectura de Meirás. Concello de Sada.

-Axencia Municipal de Lectura do Castro. Concello de Sada.

-Axencia Municipal de Lectura de Veigue. Concello de Sada.

-Axencia Municipal de Lectura de Tirán. Concello de Moaña.

-Axencia Municipal de Lectura de Domaio do Concello de Moaña.

-Biblioteca do Convento dos Padres Dominicos de Padrón.

6634