Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 11 de decembro de 1997 Páx. 11.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, pola que se lles autoriza a impartición de programas de garantía social durante o curso 1997/1998 ós centros privados que se relacionan no anexo.

A Orde do 5 de maio de 1997 regula os programas de garantía social na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta o establecido na dita orde e o informe da Inspección Educativa, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Autorizarlles, para o curso escolar 1997/1998, a impartición de programas de garantía social ós cen

tros privados que figuran no anexo coa correspondente denominación das ensinanzas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 1997.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Ordenación Educativa

e de Formación Profesional

ANEXO

A Coruña.

-Centro Agarimo de Laxobre-Arteixo.

Introducción á xardinería e cultivos en alcouve, da familia profesional de actividades agrarias.

Introducción á construcción, da familia profesional de edificación e obra civil.

Introducción ós servicios de restaurante e bar, da familia profesional de hostelería e turismo.

Introducción á informática da familia profesional de informática.

Introducción á carpintería da familia profesional de madeira e moble.

-Centro de estudios Abaco da Coruña.

Introducción ás técnicas administrativas da familia profesional de administración e xestión.

9670