Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data 16-10-1997, aprobou inicialmente o estudio de detalle promovido por Madarco, S.L. para a ordenación e aproveitamento urbanístico do predio sito en Seixo-Marín, así como os predios incluídos no seu ámbito, conforme a documentación redactada polo arquitecto Francisco Estévez Cerdeira, visada polo COAG o día 3-7-1997.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello, significando que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contando desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina da secretaría xeral do concello ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados, que por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Marín, 23 de outubro de 1997.

Augusto Casal Sánchez

Alcalde

9210