Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria celebrada o día 28 de novembro de 1997, acordou prestar aprobación definitiva ó expediente de modificación puntual das normas subsidiarias municipais de planeamento para a zona termal.

De conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de solo de Galicia, a modificación aprobada e a normativa que a regulamenta, será publicada no BOP de Pontevedra.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor directamente, e no prazo de 2 meses, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da comunicación ó órgano autor do acto, ó que se refire o artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que considere procedente.

Cuntis, 1 de decembro de 1997.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde

8563