Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.889

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de urxencia, polo sistema de concurso aberto, para a contratación dun servicio consistente no desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas do sistema integrado de xestión da P.A.C.

Obxecto: contratación dun servicio consistente no desenvolvemento e mantemento das aplicacions informáticas do sistema integrado de xestión da P.A.C.

Orzamento de licitación: trinta e un millóns seiscentas vinteoito mil oitocentas pesetas (31.628.800 ptas.).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Prazo de execución: desde a notificación da adxudicación ata o 30-11-1998.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados nos días e horas hábiles de oficina, na Subdirección Xeral de Xestión Presupostaria (Servicio de Contratación) da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 23 de decembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público o día 26 de decembro de 1997, ás 13.30 horas, na sala de reunións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, situada en San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9285