Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 10 de decembro de 1997 Páx. 11.888

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 17 novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sobre constitución, modificación e disolución-cancelación das sociedades agrarias de transformación que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta secretaría xeral e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme ó Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións e a disolución-cancelación que se citan.

Constitucións de:

A sociedade agraria de transformación Novoa S.A.T. nº 955 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Abellá-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 15.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación O Pazo-Prevediños S.A.T. nº 956 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Pazo-Prevediños-Touro (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 9.582.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Ganadería Franqueiro-Papucin S.A.T. nº 957 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Papucín-Frades (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 15.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Santa Marta S.A.T. nº 958 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Córgomo-Vilamartín de Valdeorras (Ourense); obxecto social: elaboración e embotellado de viños, augardentes e bebidas derivadas. Cultivo en común de viñas e calquera outra actividade relacionada que mellore a viabilidade e rendibilidade da sociedade; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Vitivinícola de Cenlles S.A.T. nº 959 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Plaza da Tenencia s/nº, Cenlle (Ourense); obxecto

social: elaboración e embotellado de viños, augardentes e bebidas derivadas. Cultivo en común de viñas e calquera outra actividade relacionada que mellore a viabilidade e rendibilidade da sociedade; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A sociedade agraria de transformación Legumbres Santa Mª Barbeiros S.A.T. nº 960 XUGA, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Cruceiro-Barbeiros-Ordes (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras, capital social: 7.800.000 pesetas; nº de socios: 4.

Modificacións de:

A sociedade agraria de transformación Viduido-Régoa-Cedeira, S.A.T. nº 4018, na asemblea xeral extraordinaria do 25-06-97, acordan a alta dun socio, pasando o capital social da S.A.T. a 750.000 ptas. e nomear nova xunta rectora integrada por: presidente, Bernardo Bellón Aneiros; secretario, Eladio Bellón Posada; Tesoureiro, Estanislao Rodríguez Lourido; Vocais, Julia Rodríguez Serantes e José Meijido Chao.

A sociedade agraria de transformación Productores Asociados de Cerceda, S.A.T. nº 920 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria do 4-2-1997, acordan por unanimidade dar de baixa o socio Manuel Gente Lines reducíndose o capital social, que definitivamente queda establecido en 600.000 ptas.

A sociedade agraria de transformación Ción-Pastor-El Pino S.A.T. nº 2027, nas asembleas xerais do 3-5-1997 e 4-10-1997, acordan por unanimidade aprobar un aumento de capital social en 4.790.000 ptas. en 47.900 títulos-resgardos de 100 ptas. cada un. Así como a participación de cada un dos socios, pasando de 10.300.000 ptas. a un definitivo capital social de 15.090.000 ptas. en 150.900 títulos-resgardos de 100 ptas. cada un.

A sociedade agraria de transformación Meizoso-Régoa-Cedeira S.A.T. nº 4021, na asemblea xeral do 24-6-1997, acordan por unanimidade aproba-la alta e baixa de socios, (sen variación do capital social) e nomeamento de nova xunta rectora, integrada por Amable Rodríguez Painceira, presidente; José García Bellón, secretario; Josefa Pérez Castro, tesoureiro; Manuel Bellón Tojeiro e Delia García Aneiros, vocais.

A sociedade agraria de transformación Agronosa, S.A.T. nº 552 XUGA, na asemblea xeral do 4-6-1997, acordan a baixa dun socio e a alta doutro (sen variación do capital social) e o nomeamento de nova xunta rectora, que integran, Ana Cristina Ramiro Armada, presidente; Ana Armada de León, secretaria e Susana Fernández Rodríguez, vocal.

A sociedade agraria de transformación Carne de Burón S.A.T. nº 879 XUGA, na asemblea xeral do 22-5-1997, acordan, dar de baixa a 19 socios, producíndose unha diminución do capital social en 1.900.000 ptas. pasando dun capital social de 3.100.000 ptas. a un definitivo capital social de 1.200.000 ptas. en 12 títulos-resgardos de 100.000 ptas. cada un. Tamén acordan o nomeamento de nova

xunta rectora, que integran, Antonio Piquín Rancaño, presidente; Gabriel Jorge Rico, secretario; José Luis Regueiro López, tesoureiro; Javier Rico Noceda, José Osorio Arias, Alfredo López Gónzalez e Germán Férnandez Méndez, vocais.

Disolución-cancelación de:

A sociedade agraria de transformación La Iglesia-Calo S.A.T. Nº 4024, acordan (a totalidade dos seus socios que integran a xunta rectora), en documento protocolizado ante notario o 23-7-1997, disolver e cancelar a S.A.T. explicitando neste documento o período liquidatorio no que son conformes.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral de Agricultura, Gandería e Montes

9823