Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de material informático con destino ó Servicio de Recadación e outros departamentos.

Expediente: 97/7714 da Sección de Patrimonio e Contratación.

Obxecto: subministración de material informático con destino ó Servicio de Racadación e outros departamentos.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: 15 días.

Concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 7.048.688 ptas. (7 lotes).

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cada lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: en horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do presente anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de novembro de 1997.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

9687