Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da iniciación do procedemento de expropiación forzosa para a execución do proxecto de urbanización dunha futura praza pública na rúa Loureiro Crespo (números 22 e 24).

O Pleno da Corporación, en sesión de data 30-10-1997, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Declarar iniciado o procedemento de expropiación forzosa dos bens e dereitos precisos para a execución do proxecto de urbanización da futura praza pública que se realizará á altura dos números 22 e 24 da rúa Doutor Loureiro Crespo, ocupación que se fai necesaria para a execución das obras citadas, dispoñéndose a súa publicación no BOP, nun dos diarios de maior circulación provincial e taboleiro de edictos da Casa Consistorial, con notificación individual a cantas persoas aparezan como interesadas no procedemento expropiatorio.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Predio nº 1.

Apelidos e nome: Reguera Alfaya, Víctor.

Domicilio/notificación: r/ Doutor Loureiro Crespo, 24, baixo.

Dereito de expropiar: dereito de arrendamento de local de ultramarinos sito na r/ Doutor Loureiro Crespo, 24, baixo.

Superficie: 67,51 m.

Forma na que se expropia: declaración de utilidade pública por planeamento urbanístico. Procedemento ordinario.

Segundo.-Declarar iniciado o trámite de avinza ó fin de convi-la adquisición do obxecto desta expropiación e por mutuo acordo, se é o caso, unha vez convidos os termos de adquisición amigable, darase por concluído o expediente iniciado. No caso de que no prazo de quince días non se chegara a tal acordo, seguirase o procedemento de determinación do prezo xusto, establecido na Lei de expropiación forzosa, sen prexuízo de que en calquera estado posterior da súa tramitación poidan ámbalas partes chegar ó devandito mutuo acordo.

Recursos procedentes:

Contra o acordo de iniciación do procedemento expropiatorio, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se considere conveniente.

Contra a relación de bens e dereitos afectados, durante o prazo de quince días, contados desde a publicación deste anuncio, poderase examina-lo expediente e formularse as alegacións procedentes.

Pontevedra, 10 de novembro de 1997.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario

9689