Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta
que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 4067/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.
Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:
Nome da batea: Elisardo.
Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).
Localización: cuadrícula nº 62, O Grove H.
Data da concesión: 22-2-1969.
Data do remate da última prórroga: 5-3-1999.
Anteriores concesionarios: Vidal Iglesias, José (35.425.869) e Garrido Padín, Lourdes (76.853.091).
Novos titulares da concesión: Otero Romaní, José Ramón (35.435.821) e Leiro Besada, Raquel (35.287.533).
Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.
Vigo, 28 de outubro de 1997.
P.D. (Orde 27-6-1990)
Manuel Gabeiras Vérez
Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)
8977