Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de outubro de 1997 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Juanger.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que os interesados obtiveron a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e o artigo 10 do Decreto 4067/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Juanger.

Cultivo: mexillón (M. galloprovincialis).

Localización: cuadrícula nº 55, O Grove E.

Data da concesión: 17-1-1961.

Data do remate da última prórroga: 9-2-2006.

Anteriores concesionarios: Novas García, Alfonso (35.352.018) e Pérez Otero, Sebastiana (35.352.017).

Novos titulares da concesión: Novas Pérez, Arturo (35.247.423); Domínguez Rodiño, Alfredo (35.407.488) e Fernández Fernández, Isabel (9.671.578).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 28 de outubro de 1997.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Manuel Gabeiras Vérez

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

8976