Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro 1997 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de urxencia, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da realización de modificacións e melloras na rede de área local da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Obxecto: contratación da realización de modificacions e melloras na rede de área local da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, mediante o sistema de concurso aberto.

Orzamento de licitación: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Plazo de execución: 15 días.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán a disposición dos interesados en días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicions serán entregadas no rexistro xeral da Con

sellería de Agricultura, Gandería e Montes o en calqueira das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común, antes das 14 horas do día 18 de decembro de 1997.

A apertura de proposicións terá lugar o día 22 de decembro de 1997, ás 13 horas, na sala de reunións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, situada en San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

P.D. (Orden 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

8974