Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de novembro 1997 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento de urxencia, polo sistema de concurso aberto, para a adquisición de diverso material informático con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Obxecto: adquisición de diverso material informático con destino á Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, sendo a adxudicación da subministración en 2 lotes:

Lote 1: material para os departamentos de usuarios.

Lote 2: material para o Servicio de Informática.

Orzamento de licitación: nove millóns de pesetas (9.000.000 de ptas.) en total. Para o Lote 1: 5.420.000 ptas. e para o Lote 2: 3.580.000 ptas.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Clasificación: non é necesaria.

Prazo de execución: 15 días.

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados en días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, antes das 14 horas do día 18 de decembro de 1997.

A apertura de proposicions terá lugar o día 22 de decembro de 1997, as 13.30 horas, na sala de

reunións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, situada en San Caetano, Santiago de Compostela.

Gastos de publicación: o importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 1997.

P.D. (Orden 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9673