Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.824

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a María de los Ángeles Domínguez Santiago (praza 9/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 15 de xaneiro 1997 (BOE do 7 de febreiro), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química, a prol de María de los Ángeles Domínguez Santiago, con documento nacional de identidade número 36.042.112, e cumprindo o interesada os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María de los Ángeles Domínguez Santiago profesora titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería química, do departamento de Enxeñería Química.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada,

que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 13 de novembro de 1997.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

9273