Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de novembro de 1997 (DOG do 1 de decembro) pola que se convoca concurso de traslados autonómico entre funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros na orde que se cita, cómpre efectua-las correspondentes modificacións:

Na páxina 11.499, onde di: «G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto. Polo desempeño de cargos directivos e, se é o caso, de coordinadores de ciclo, ata un máximo de 10 puntos, outorgarase a seguinte puntuación por ano», debe dicir: «G) Outros méritos do anexo I do Real decreto 1774/1994, do 5 de agosto. Polo desempeño de cargos directivos, coordinacións, publicacións e titulacións de ensinanzas de réxime especial, outorgarase a seguinte puntuación, cun máximo de 10 puntos».

Na páxina 11.498, debe engadirse como disposición trixésimo sétima (bis), o seguinte texto: «A compulsa de documentos xustificativos de méritos e calquera outro que o concursante incorpore á súa instancia, poderá efectuarse nos centros de educación infantil/primaria, compulsa que asinará o director do centro, sen prexuízo de que poida realizarse nos distintos órganos administrativos acreditados para tal fin».

9153