Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.819

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997, do tribunal III-1H, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2 (encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a de Administración, xefe/a 2ª Administración, administrador/a, secretario-administrador/a de producción de centros, secretario/a de dirección do IGAEM) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 18 de novembro de 1997, polo tribunal III-1H designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 2 (encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a de Administración, xefe/a 2ª Administración, administrador/a, secretario-administrador/a de producción de centros, secretario/a de dirección do IGAEM) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 2 (encargado/a administrativo/a, xefe/a de negociado, xefe/a de Administración, xefe/a 2ª

Administración, administrador/a, secretario-administrador/a de producción de centros, secretario/a de dirección do IGAEM) do grupo III terá lugar o día 22 de decembro de 1997, ás 16.30 horas, na aula 5 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, sita na avenida Xoán XXIII, s/n, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1997.

María Boado Chaves

Presidenta do tribunal

9702