Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.818

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 1997, do tribunal II-1D, designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 2 de decembro de 1996, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión celebrada o día 18 de novembro de 1997, polo tribunal II-1D designado para xulga-las probas

selectivas para o acceso á categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 2 de decembro de 1996 (DOG nº 242, do 12-12-1996), acordouse:

1º Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 37 (titulado medio de formación ocupacional) do grupo II terá lugar o día 20 de decembro de 1997, ás 16.30 horas, na aula A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, sita na avenida Xoán XXIII, s/n, en Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 16 horas.

2º Os aspirantes deberán comparecer provistos de documento identificativo (base II.2.3 e base II.3.2), de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 1997.

María Boado Chaves

Presidenta do tribunal

9453