Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.807

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de novembro de 1997 pola que se autoriza o cambio de denominación ó instituto de educación secundaria de Baiona.

Tendo en conta o artigo 3º, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG 156, do 9-8-1996), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Baiona.

Código do centro: 36019657.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Baiona.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Primeiro de Marzo.

97-9562