Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 09 de decembro de 1997 Páx. 11.807

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 346/1997, do 21 de novembro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo de 8.000 m que se vai segregar do monte Chan da Ponte, municipio de Salvaterra de Miño, para a construcción dun centro de educación secundaria.

O Pleno da Corporación municipal de Salvaterra de Miño, reunido en sesión ordinaria o 7 de febreiro de 1997, acordou a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 8.000 m que se segregará do monte Chan da Ponte, municipio de Salvaterra de Miño, para a construcción dun centro de educación secundaria.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma Galega, e 34 do seu Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, a proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para dá-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta da Consellería de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Salvaterra de Miño acordou a cesión, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteún de novembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun terreo de 8.000 m que se segregará do monte Chan da Ponte, municipio de Salvaterra de Miño que linda: norte, leste e oeste, con terreo municipal; e sur, con camiño público.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas, no tomo 1001, folio 142 do libro 179, predio número 17.315 N duplicado do Concello de Salvaterra de Miño.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro de educación secundaria en Salvaterra de Miño.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9395