Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.788

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/108-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aprobación do proxecto de execución das insta

lacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. San Roque I.

Situación: Nigrán.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 672 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón e metálicos, desde o apoio 49, a substituír, da L.M.T. ó C.T. Chandebrito, rematando no C.T. que se proxecta en San Roque I, concello de Nigrán. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 105 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas e os artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, esta delegación provincial resolve,

Autorizar, declarar de utilidade pública, necesidade implícita de urxente ocupación e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 21 de outubro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra