Convocado concurso por resolución da Universidade da Coruña do 17 de xullo de 1996 (BOE do 14 de agosto), para a provisión da praza 96/038 de catedrático de universidade, área de coñecemento de biblioteconomía e documentación, departamento de Humanidades, desta Universidade da Coruña, e tendo en conta que a comisión formula proposta de non provisión da praza.
Visto o artigo 11.2 d) do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado resolve declarar concluído o procedemento e deserta a referida praza.
A Coruña, 5 de novembro de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña