Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.782

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 1997 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 8 de outubro de 1997 (DOG do 22 de outubro) pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos de prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros no anexo I da resolución desta universidade do 8 de outubro de 1997 (DOG do 22 de outubro), pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos de diversas prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado ó abeiro do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede a súa rectificación nos seguintes termos:

Praza número 96/060, onde di: «Ana María Geli de Ciurana, catedrática de escola universitaria, da Universidade de Xirona», debe dicir: «Ana María Geli de Ciurana, catedrática de universidade, da Universidade de Xirona»; e onde di: «Rafael Porlan Ariza, catedrático de escola universitaria, da Universidade de Sevilla», debe dicir: «Rafael Porlan Ariza, catedrático de universidade, da Universidade de Sevilla».

A Coruña, 5 de novembro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña