Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 05 de decembro de 1997 Páx. 11.781

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 21 de novembro de 1997 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da Propiedade vacantes, en virtude do concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 1 de agosto de 1997 (BOE do 2 de setembro), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa excecución e demais disposicións legais concordantes na materia.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 200/1994, do 23 de xuño, 292/1996, do 26 de xullo, 435/1996, do 20 de decembro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-los rexistros da Propiedade vacantes, radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga nomeamento a:

-Ana Margarita López Rubio, rexistradora de Chantada, para o Rexistro de Ordes (A Coruña).

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1997.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

Director xeral de Xustiza e Admón. Local