Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.705

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0006469/1997LS, interposto por Lucía Castiñeira González.

O 5 de novembro de 1997, a Consellería de Cultura e Comunicación Social recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a providencia polo que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0006469/1997, interposto por Lucía Castiñeira González, contra resolución da Consellería de Cultura e Comunicación Social de 15-7-1997, desestimatoria de recurso ordinario interposto contra outra

do director xeral de Patrimonio Cultural de 10-12-1996 recaída no procedemento sancionador por obras en inmueble de inmoble nº 46 r/ Cuenca de Tui.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala. Notifícase para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e son emprazadas para que poidan comparecer en autos (mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto) na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

José Mª Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

9547