Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 04 de decembro de 1997 Páx. 11.704

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 26 de novembro de 1997 pola que se clasifica como de interese social a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín.

Visto o expediente de clasificación da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín con domicilio en Verín.

Supostos de feito.

1. Juan Manuel Jiménez Morán, na súa calidade de representante da fundación, en escrito de 19 de setembro de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Verín, o día 1 de agosto de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Alfonso Castro Lago co número mil cento trinta e cinco do seu protocolo, por Juan Manuel Jiménez Morán, José Luis Suárez Conde, José Ángel García Morais, Francisco Armando Veiga Romero, Marina Cuquejo Taboada, Alfonso Villarino Rodríguez, José Luis Pérez García, Raúl Fernández Fernández, Santiago Rafael Lorenzo Taboada e Rosa María Martínez Álvarez; os oito primeiros interveñen en representación dos concellos dos que son alcaldes-presidentes, Rosa María Martínez Álvarez en representación da Asociación de Pais de Nenos con Discapacidade da Mancomunidade de Verín e, segundo manifesta, en nome e representación de Alberto Mariño Fernández, designado para representa-la entidade mercantil denominada Verino, Sociedad Anónima e, por último, Santiago Rafael Lorenzo Taboada, ademais de por si, en nome e representación de Miguel Ángel Malagón Santamarta.

3. Segundo consta no artigo 6 dos estatutos, o obxecto da fundación é proporcionar asistencia social para discapacitados psíquicos en idade laboral cunha minusvalidez temporal ou permanente que lles impida a súa integración nunha empresa ou nun centro especial de emprego, prestando funcións tutelares, asistenciais, ocupacionais e en xeral calquera tipo de actividades formativas ou educacionais tendentes á mellora-la calidade de vida dos seus beneficiarios.

4. O padroado da fundación estará constituído por Juan Manuel Jiménez Morán, José Luis Suárez Conde, José Ángel García Morais, Francisco Armando Veiga Romero, Marina Cuquejo Taboada, Alfonso Villarino Rodríguez, Raúl Fernández Fernández, José Luis Pérez García, Miguel Ángel Malagón Santamarta, Santiago Rafael Lorenzo Taboada, Rosa María Martínez Álvarez e Alberto Mariño Fernández.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese social da Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese social e a súa adscrición á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 24 de novembro de 1997.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese social a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos da Comarca de Verín e adscribila á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

9554