Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de urbanización da rúa Pardaiña (expediente 4006/401/96).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 6 de marzo de 1997, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do E.D. da rúa Pardaiña (Ref. 3105/411) conforme a documentación presentada por Águeda Freire Vázquez e Antonio Pérez Albores, redactada polo arquitecto Antonio Thomas de Carranza, visada polo COAG os días 7-11-1996 e 3-2-1997, cos condicionamentos expre

sados na parte expositiva do acordo, polo que se somete ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro da Casa do Concello, de conformidade co establecido no artigo 117 do TRLS e 141 do RPU.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 11 de marzo de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

9483