Convócase a concurso público, por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración de alfombra central, alfombras laterais e reposteiro para o rectorado.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado, sita en r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n, A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da xerencia; se este día coincide en sábado, realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: cinco millóns duascentas mil pesetas (5.200.000).
Garantía provisional: cento catro mil pesetas (104.000).
A Coruña, 21 de novembro de 1997.
P.D. (Resolución 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
8480