Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 132/97.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, e para cumprimento do previsto no artigo 94.2 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Servicio Galego de Saúde-Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

Número de expediente: C.P. 132/97.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: contrato de subministración.

Descrición do obxecto: definición e desenvolvemento dun modelo de agrupacións de servicios en unidades integradas de productos.

Lotes:

Lote 1: definición e desenvolvemento dun modelo de agrupacións de servicios en unidades integradas de productos.

Anuncio de licitación publicado no DOG nº 167, do 1 de setembro de 1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 10.000.000 de ptas. (dez millóns de ptas.).

5. Adxudicación:

Data: 10 de outubro de 1997.

Contratistas: lote 1, Consultora de Hospitales, S.A. (9.500.000 ptas.).

Orzamento total: 9.500.000 ptas.

A Coruña, 4 de novembro de 1997.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

9486