Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (127/1997).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 127/1997, cítase o denunciado, Carlos Manuel Morais Álvarez, do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 28 de xaneiro, ás 10.10 horas da súa mañá, compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode ser asistido de avogado e de que deberá acudir coas probas que teña, e prevíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos ós que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o 10 de novembro de 1997.

O/a secretario/a

Rubricado

9114