Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Martes, 02 de decembro de 1997 Páx. 11.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (232/1997).

En virtude do acordado en resolución dictada por este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, coñecendo nos autos de xuízo declarativo de menor contía que s seguen neste xulgado baixo o número 232/1997, por instancia de Emilio Romero Ponce, representado polo procurador Caamaño Queijo, sobre tercería de dominio; por medio da presente cédula emprázanse os demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús Pousa Veloso, actualmente en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de diez días comparezan nos autos, baixo apercibimento de seren declarados en rebeldía e de recaeren sobre eles os demais prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ós devanditos demandados, herdeiros descoñecidos e incertos de Jesús Pousa Veloso, ós que se lles fai saber que as copias de demanda e documentos se atopan ó seu dispor na secretaría deste xulgado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o cinco de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Gonzalo Xurxo Cabaleiro de Sáa

Secretario xudicial

97-8955