Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 01 de decembro de 1997 Páx. 11.471

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de novembro de 1997 pola que se suprime a escola de educación infantil do Ventorrillo (A Coruña).

Visto o expediente e o correspondente informe da delegación provincial desta consellería na Coruña.

Considerando que en ámbolos dous documentos se xustifica a supresión da escola de educación infantil Ventorrillo, que xa non está a funcionar no presente curso escolar 1997/1998.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

1º.-Suprimi-la escola de educación infantil que figura no anexo.

2º.-Recoñécenselle ó profesorado afectado, de se-lo caso, os dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguínte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Código do centro: 15026108.

Denominación: Escola de Educación Infantil do Ventorrillo.

9456