Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Ley 7/1985, e en cumprimento do acordado pola corporación provincial na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacionan, para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no Diario Oficial de Galicia do día 19 de setembro de 1994:

Concellos; impostos:

Toén; imposto de vehículos de tracción mecánica.

Boborás; imposto de vehículos de tracción mecánica, imposto sobre bens inmobles e imposto sobre actividades económicas.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 31 de outubro de 1997.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense