Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Venres, 28 de novembro de 1997 Páx. 11.450

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (11/1997).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fai mención se dictou a seguinte providencia:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. Providencia maxistrada-xuíza Castro Calvo. Santiago de Compostela o oito de setembro de mil novecentos noventa e sete. Por presentado o anterior escrito por Avelina Cendal García, únase ós autos da súa razón. Tense por interposto recurso de apelación contra a sentencia dictada por este xulgado e déase traslado ás demais partes polo termo de dez días para que formulen impugnación ou adhesión a este, e transcorridos elévense os autos á Audiencia Provincial. Así o dispón e asina a maxistrada. Eu, como secretario, dou fe diso.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Mª Pilar Pérez Redondo, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o seis de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

9112